El Paramecio Indomable

Saber ecléctico y rebelde

No doctor! Un virus no!

Posted by roivivaz en miércoles, 18 abril (07)

Y por que no? Un virus es una excelente manera de matar células, y ciertas células, y es que en biotecnología no somos muy condescendientes, cuando algo molesta o se porta mal, acabamos con él!

Hoy os hablaré de un asunto que os impactará a todos la Viroterapia (algo que ni en los libros de texto está). Un nuevo conocido me preguntó hace poco sobre métodos de cienciaficción para derrotar el cáncer. Y a mí que tanto me gustan los microbios ( o microinertes como pensaría margulis) pensé en estas estructuras cristalizables que rozan lo inerte y lo vivo.

Antes de que sigáis leyendo, tenéis que controlar los siguientes conceptos

  1. Dogma central de la Biología Celular: Que nos cuenta como de nuestro ADN (nuestro material hereditario) pasamos a las proteínas (soportes y maquinaria celular de nuestro organismo). Vaya, de como se construye una casa a partir de los planos.
  2. Ciclo reproductor del virus. Que demuestra que un virus no está vivo, y necesita de una célula huesped para reproducirse. (hay una pequeña introducción)
  3. Por último tenéis que saber gallego, que es en lo que está redactada mi noticia. (hasta que tenga ganas de traducirla)

¿Como ven sendo o ciclo reprodutor dun virus? Un virión, ou partícula vírica, está composto polo material xenético máis as proteinas protectoras e encimáticas (nanomaquinaria que empregan os seres vivos para levar a cabo reaccións de xeito específico) . O virus coa axuda das suas proteínas encimáticas entra na célula, solta o seu material xenético (hainos moi diversos, sendo este un dos criterios de clasificación, non como os seres vivos que só temos ADN de 2 cadeas complementarias como material xenético e hereditario), e este por unha parte cópiase pola maquinaria encimática da célula albo, e por outra parte lese e tradúcese para (ver o dogma) obter proteínas. Logo, ensámblanse as proteínas e o materíal xenético copiado, e a célula rebenta obtendo un milleiro partículas víricas. Un virus entendémolo como o nome da especie, sendo virión o individuo.

A viroterapia é eliminación do cancro por eliminación selectiva das células con reproducción anómala formadoras do tumor por parte dun virus introducido no paciente.

Según fun buscando pola rede, tópase que hai correntes da investigación biomédica que xa empregan ferramentas biotecnolóxicas para modificar o virus da SIDA ou o Virus do herpes de xeito que ataquen só a certas células tumorais. wikipedia

Como xa sabemos, VIH (o virus da sida) escápase moi ben ao sistema inmunitario, polo que unha vez inxectado, o VIH modificado comeríase o tumor e morrería ao acabarse o tumor, xa que non tería onde reproducirse ao non poder introducirse en células non tumorais.

O problema é que o VIH é un virus basado en RNA, un material de información xénica moi lábil e susceptíbel a mutacións (esta é a causa pola que non podemos topar unha vacina para a AIDS). Polo que ao chisco que mute, habería que administralo outra vez, e vaite ti saber cando sabes que muta dentro do pobre paciente.

En israel investigan sobre virus «febles«, é dicir, fácilmente derrotábeis pola célula (que non polo sistema inmunitario,) de xeito que a célula infectada polo virus, é capaz de recoñecelo, e bloquear a sintese proteica de toda a célula por un tempo, que é o que impide ao virus facer a súas propias proteinas para realizar copias e rebentar a célula albo; Chegado un momento, os encimas (maquinaria celular) que hai por no interior celular desintegra as proteínas & material xenético vírico. Os virus atacan a tódalas células indiscriminadamente, e o paciente tería unha leve dor muscular (similar á gripe) debido a inhibición de síntese de proteinas, pero as células normais detectan ao virus e acaban con el. Sen embargo as células tumorais, moi ocupadas noutras cousas ou con este sistema de proteccón mermado sucumben ao virus favorecéndonos de dous xeitos: 1 a célula tumoral rebenta e morre, 2 libéranse moitísimas partículas viricas que poderán facer o mesmo con máis células tumorais.

O problema que vexo é que empregan un virus (que provoca enfermidade de newcastle dos paxaros) que probablemente sexa detectado polo sistema inmunitario e destruído polos nosos glóbulos blancos que todo se lo comen, cargándose a nosa ferramenta.Penso que o VIH sabería elidir a vixilancia inmunitaria sen moito problema.

Este laboratorio afirma que virus empregado non é patoxénico en humanos, e aclaran que isto pode reducir efectividade no tratamento. Pero que tamén non provoca cancer (que provocan outros virus, como o de algúns de peito) pola natureza do seu material xenético (RNA), diferente do noso DNA, polo que non podería insertarse no conxunto dos nosos xenes, rompendo algún por casualidade. O seu virus foi tamén efectivo, afirman , contra cancro de pulmón e linfoma, e é ironico que parte da financiación veña da Philip Morris. fonte

Tamén andan algo a facer en Ohio (USA) pero neste caso empregan xa enxeñería xenética, cun herpesvirus (o dos beizos ) modificado, e funcionoulles ben no tumor cerebral en ratos. O cambio que fixeron e quitarlle un xen para unha proteína esencial para o virus de xeito que só pode reproducirse en células que a teñan, que neste caso, son as cancerosas. semella que só é aplicable a cancro de certas estructuras do sistema nervioso.

Por outra parte, semella que ademáis certas células tumorais, teñen uns antíxenos (moléculas superficiais recoñecíbeis como externas) específicos que poden ser recoñecidos por anticorpos (moléculas bandeira ou faro que avisan ao sistema inmunitario). Os linfocitos T verán estes anticorpos, e ás veces o noso sistema inmunitario gaña a batalla, poderíamolo axudar? wikipedia

6 respuestas to “No doctor! Un virus no!”

  1. Monito Efervescente Plus said

    e.. que conste que cheguei con boa vontade, eh? disposto a coller e comentar o artigo. Lino, entendino como boamente puiden, e…
    Bueeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeno
    apasionante, eh? apasionante de veras…Ui! que tarde! vaia, que quedo sen tempo, vai ser que ando algo atarefado e non cho vou poder comentar debidamente agora… outra vez será…
    ¬¬
    (universitarios…que logo nos chamen frikis aos que lemos uns cantos cómics e esta xente poida postear isto e ir por ahí coa cabeza alta, manda carallo)

  2. kryser said

    Pailán! díxenche o meu blog persoal, o de blogger!

  3. Monito Efervescente Plus said

    xa, alí tamén comentei papón.

  4. MArk. said

    ieeeee!!! Mol interessant l’article, i encara que sigui en gallec més o menys m’he enterat! jajjaaj No coneixia la Viroterapia :S

    Ens veieeem!

    MArk.

  5. kryser said

    @ME+, Dani, gracias polo teu protocomentario, espero que se materialice pronto! De tódolos xeitos, espero como sempre con este blog, a axudar a difundir contidos non tan coñecidos pola sociedade,

    @MArk. M’agrada que un biotecnòleg llegeixi els meus articles, i sobretot qu’els entengui en gallec. La Viroterapia és un camp que m’interessa molt. ánims pel 2n semestre, que ja sé que és una mica llech

  6. isabella said

    esto me parese un sitio donde hay mucha informacion ok esta estupendo sinseramente me gusta bye

Replica a isabella Cancelar la respuesta